Horarios:
Hora | Evento |
---|---|
11.00 | Comezo do Mercadiño durante toda a xornada |
12:30 | Sesión vermú Nell |
12:00-14:00 | Mesa de intercambio aberta |
22:30 | Concerto de TU FUTURA EX MUJER |
23.30 | Concerto de 𝗖𝗔𝗡𝗗𝗬’𝗦 𝗙𝗥𝗘𝗖𝗞𝗟𝗘𝗦 |
00.00 / 3.00 | Sesión de baile a cargo de Toño ferreirós |
TOÑO FERREIRÓS
Toño Ferreirós é un “popero”, o indie a súa relixión e Brian Wilson o seu deus. Comezou a súa labor evanxelizadora a principios dos noventa no pub Sound en Boiro. Apoiandose na onda expansiva provocada polo programa “Abrete de Orellas” de Radio Boiro, dou o salto a Santiago de Compostela deixandose ver polas cabinas do Modus Vivendi, Ultramarinos ou Nouturnio. Co cambio de seculo, fixa a súa residencia no Barometro en Boiro, que solo deixara para poñerse aos mandos do Hi-fi. Nos últimos anos pudemos disfrutar das súas sesións vinilicas no Maio Vintage, na tenda de roupa Baldani ou na primeira edición do Xiradiscos.
NELL
O disyoquei oficial da Praza de Vigo de Ribeira, xunto co seu irmán Suso foron pioneiros en organizar nos noventa as famosas sesións de baile na Praza de Vigo (O Balado).
José Manuel Martínez máis coñecido por Nell comezou nos oitenta de rapaz a pinchar no «Cactus», despois en «Tutti Frutti», «Templo», «Vértigo» (A Pobra), «Bumerang» (anos 90).
Foi pioneiro en pinchar en bodas por toda Galicia, inagurou a famosa bodega «Contador» na Rioja, foi membro do grupo de electro-funk Galegoz, despois formou xunto co pianísta de Ferrol; Toño Pita o grupo de música electrónica «Contraplano» percorendo festivais de cine e de curtas por Galicia, Barcelona…
Actualmente ten a primeira axencia de márketing do Barbanza; Smart Estudio. É tamén co-organizador de Xiradiscos xunto con Nati Mirás y Manu Parada.