Detrás deste proxecto están Smart Studio e Radix Records, ambas empresas formadas por veciños de Ribeira que queren bogar xuntos nesta novidosa feira de estio en Ribeira..
Smart Studio é un estudio de fotografía e márketing dixital que abreu as portas o pasado 2021 na praza de Vigo. O xerente é José Manuel Martínez (Nell); deseñador gráfico, fotógrafo e programador web con contrastada experiencia no mundo online e na música.
Pola súa parte, Radix Records é primeira discográfica independente do Barbanza adicada a editar discos dende o 2009, apostando por darlle formato físico á música na que cree. Catorce anos xestionando todo o que rodea á edición, promoción e venta de Lps e Cds no territorio nacional independiente. Todo esto capitaneado por Manu Radix.
Nati Mirás, a parte femenina e máis dinámica da Feira, toda unha heroína das manualidades e odontóloga de profesión.