Horarios:
Hora | Evento |
---|---|
11.00 | Comezo do Mercadiño durante toda a xornada |
12.30 | Inauguración oficial co Alcalde de Ribeira: Luís Pérez Barral |
12.40 | Concerto Infantíl «Ritmando» por Os Jalochos |
12.30 / 13.30 | Degustación de petiscos «Serie Limitada: Pizzadiscos» por «A Barbecho» de Nacho Rodríguez |
13.30 (Sesión Vermú) | Sesión Vinílica a cargo de Toño Ferreirós (Boiro) |
21.00 | Concerto de Feed The Pet |
22.00 | Concerto de Mentah |
23.00 | Concerto de Playa Desmayo |
00.00 / 3.00 | Sesión de baile a cargo de Nell |
XORNADA FAMILIAR (Concerto Infantíl)
Actuación pola mañá
@S JALOCH@S
Ritmando é un espectáculo musical cuxo obxectivo consiste en fomentar entre as crianzas o uso da comunicación escrita e oral da lingua galega como fonte de diversión e aprendizaxe, tendo en conta a inclusión, a igualdade e os valores sociais e colaborativos.
@s Jaloch@s teñen como obxectivo xogar coa música e a palabra a través dun concerto de participación activa mediante xogos basados no ritmo, na percusión corporal, no baile, na escritura creativa e a lingua de signos.
Elenco: Sabela Olivares e Suso Bello
Nome do espectáculo: Ritmando
Modalidade artística: Música ao vivo
Público ao que vai a dirixido: Infantil e Primaria
Idioma: Galego
Duración do espectáculo: 45min. aproximadamente
Ubicación: Praza de Vigo de Ribeira
BANDAS RADIX RECORDS
ACTUACIÓNS POLA TARDE
MENTAH

MENTAH é un dúo ferrolán integrado por Car e Juli. Nace no 2018 e xa conta con 2 EPS e un LP:»𝑵𝒆𝒘 𝑩𝒆𝒈𝒈𝒊𝒏𝒊𝒏𝒈» (7″ ,2019).»𝑻𝒘𝒐 𝑴𝒊𝒏𝒖𝒕𝒆𝒔 𝑳𝒆𝒇𝒕» (7″,edición limitada en PVC,2020) e o seu primeiro largo «𝑬𝒗𝒆𝒓𝒚𝒐𝒏𝒆 𝑯𝒂𝒕𝒆𝒔»(12»,2022), todos eles grabados en @lcrestudio
Sen ánimo de encasillarse, Mentah soan a grupo noventero, cheo de dinámicas e melodías que espertan en nós sentimentos de todo tipo. Algo co que podemos gozar nos seus directos, mesturando ritmos pausados con texturas intensas e rabiosas, creando diferentes atmósferas emotivas que incitan ao público a gozar de diferentes sensacións
➡️ Xa ían tocar o ano pasado pero un contratempo de última hora impediu que estiveran na I Edición. A banda de @radixrecords chega por fin a Ribeira!!
️𝗣𝗟𝗔𝗬𝗔 𝗗𝗘𝗦𝗠𝗔𝗬𝗢

PLAYA DESMAYO nace, coma Afrodita, da escuma dunha cervexa do mar no 2016. Gaspar (Batería) e Roi (Guitarra) mostran influenzas que van desde o punk máis frenético ao surf melódico, todo cunha boa dose de berros e lamentos.
Pubrican a súa maqueta no 2016 e un ano máis tarde, tras pasear os seus temas por Galiza adiante, sacan “𝑭𝒂𝒎𝒆 𝒅𝒊 𝑭𝒖𝒐𝒄𝒐”, un Ep de catro cortes que continúa o que víramos na maqueta. No 2020 presentan “𝑨𝒕𝒂𝒓𝒅𝒊𝒄𝒊𝒅𝒊𝒐”, primeiro traballo coeditado por Sweet Groove Records, Ulomania Coop e @pafffbumdiscos
Fai uns meses fichan por @radixrecords e editan o seu single 7′ «𝑳𝒖𝒏𝒆𝒔/𝑬𝒔𝒄𝒍𝒂𝒗𝒐 𝒅𝒆 𝒕𝒖 𝒗𝒐𝒛», nunha tirada limitada e que está a piques de esgotarse
As súas influencias van dende @futuro_terror e @biznagabiznaga ata Fidlar, Idles o Lost Sounds
🤪 Este dúo coruñés deixará revolta a Praza de Vigo sen dúbida!
FEED THE PET

FEED THE PET completan os bolos da tarde do Sábado 12 de Agosto na Praza de Vigo!!!
Os ferroláns veñen de editar en vinilo o seu primeiro traballo «𝐋𝐨𝐨𝐤𝐢𝐧𝐠 𝐇𝐢𝐠𝐡𝐞𝐫» da man de @radixrecords o pasado mes de Maio! A banda está composta por Kar (integrante tamén de @mentahband ), Carlos, Bea, Aitor e Juan
✔️ Indie rock con influencias de bandas non solo dos 90, senón tamén de grupos como The Beatles ou Pink Floyd
MESTURADORES DE AUDIO
SEIÓN VERMÚ E NOITE DE BAILE
TOÑO FERREIRÓS

Toño Ferreirós é un “popero”, o indie a súa relixión e Brian Wilson o seu deus. Comezou a súa labor evanxelizadora a principios dos noventa no pub Sound en Boiro. Apoiandose na onda expansiva provocada polo programa “Abrete de Orellas” de Radio Boiro, dou o salto a Santiago de Compostela deixandose ver polas cabinas do Modus Vivendi, Ultramarinos ou Nouturnio. Co cambio de seculo, fixa a súa residencia no Barometro en Boiro, que solo deixara para poñerse aos mandos do Hi-fi. Nos últimos anos pudemos disfrutar das súas sesións vinilicas no Maio Vintage, na tenda de roupa Baldani ou na primeira edición do Xiradiscos.
NELL

O disyoquei oficial da Praza de Vigo de Ribeira, xunto co seu irmán Suso foron pioneiros en organizar nos noventa as famosas sesións de baile na Praza de Vigo (O Balado).
José Manuel Martínez máis coñecido por Nell comezou nos oitenta de rapaz a pinchar no «Cactus», despois en «Tutti Frutti», «Templo», «Vértigo» (A Pobra), «Bumerang» (anos 90).
Foi pioneiro en pinchar en bodas por toda Galicia, inagurou a famosa bodega «Contador» na Rioja, foi membro do grupo de electro-funk Galegoz, despois formou xunto co pianísta de Ferrol; Toño Pita o grupo de música electrónica «Contraplano» percorendo festivais de cine e de curtas por Galicia, Barcelona…
Actualmente ten a primeira axencia de márketing do Barbanza; Smart Estudio. É tamén co-organizador de Xiradiscos xunto con Nati Mirás y Manu Parada.